Posts Tagged ‘Programa orienta’

PROGRAMA ORIENTA 2012/13


Xa podedes consultar  o Programa Orienta do curso 2012/2013.

Toda a información está actualizada para este curso.  Recordámosvos que neste programa podedes atopar moita información relacionada coa orientación académica e profesional:

-cuestionarios que vos axuden a dicidir o voso futuro académico,

– itinerarios posibles,

-información sobre graos (notas de corte, ponderación, dobres graos, másteres…),

-bolsas e axudas,

-ciclos  formativos de grao medio e superior,

-PCPIs,

-ensinanzas artísticas, deportivas e musicais,

-centros onde se imparten os estudos…

Animádevos a entrar e descargar o Programa Orienta pinchando no enlace que vedes á dereita na pantalla, ou  consultar o OrientaOnline  directamente en internet sen descargar o programa ó teu computador (tamén pinchando no enlace que ves á dereita da pantalla).

Programa ORIENTA 2011/2012

Photobucket
Podedes consultar no blogue do Departamento de Orientación do instituto o programa ORIENTA. Neste programa poderás atopar:

-Posibles itinerarios se estás cursando a ESO.

-Cuestionarios se estás na ESO, para decidir se continuas por formación profesional ou bacharelato.

-Cuestionarios profesionais, para decidir que familia profesional che pode interesar.

-Información sobre as materias e módulos a estudar nos diferentes ciclos formativos, bacharelato e graos universitarios.

-Oferta formativa de institutos e universidades, por comunidades autónomas.

-Catálogo de títulos. Dentro de cada familia profesional poder consultar os diferentes niveis formativos asociados: certificados de profesionalidade, PCPI, ciclos formativos de grao Medio e Superior, graos universitarios. Requisitos de acceso para cada nivel.

E moitas cousas mais…¡Anímate a entrar!

Podes  descargalo ó teu ordenador.

Ou consultalo directamente no blogue (versión limitada)

Tamén podes acceder pinchando nos cadros situados á dereita.