TESTEANDO é unha ferramenta educativa, lúdica e gratuita pensada para profesores e estudantes. Consiste nun xogo de preguntas e respostas tipo test ou trivial, agrupadas por cursos e materias que responden ó currículo das etapas de Primaria e Secundaria. Actualmente a web inclúe 1.081 test de 61 materias con 22.274 preguntas, e engádense en torno a 1.000 novas preguntas cada mes.
Archive for Marzo 2012
22 Mar
Vídeo BE HAPPY: aprender a ser felíz
Un interesante vídeo que nos recorda que a felicidade está nos actos sinxelos e cotiáns
22 Mar
Reunión con familias: opcións ó rematar a ESO
Onte tivemos unha reunión cos pais e nais do alumnado de 4º da ESO. Estivemos vendo que posibilidades tiña o alumnado ó rematar a ESO, así como da importancia de conseguir o Título de Graduado en ESO. Aqueles pais e nais que queirades consultar de novo a información podedes facelo pinchando nos enlaces que aparecen a continuación:
Posibilidades ó rematar 4º ESO
Información xeral sobre o Bacharelato
Información xeral sobre ciclos formativos de Grao Medio.
Páxina con información sobre familias formativas de grao medio.
Prazos para solicitude de prazas en Bacharelato.
Recordade que se tendes algunha dúbida podedes poñervos en contacto co departamento de orientación do centro.
16 Mar
E o rematar a ESO…¿que?
No seguinte enlace podedes consultar o power point coa información de Bacharelato que comentamos na clase.
Tamén vos deixo o power point sobre os ciclos formativos de grao medio.
Recordade que tendes máis información nos seguintes enlaces:
Información sobre as 26 familias profesionais: www.todofp.es
Información sobre as ponderacións nas materias de modalidades do Bacharelato: www.ciug.cesga.es
12 Mar
Cifras de paro por titulacións de FP e graos Universitarios
A web REALIDAD ECONÓMICA recolle cifras do números de técnicos de Formación Profesional de titulados universitarios parados en 2011 segundo os datos dos Servizos Públicos de Emprego.
Aínda que estas cifras non deben servir como criterio fundamental nin único para a elección vocacional, si poden ser de interese para coñecer mellor a realidade laboral. Tampouco deben servir para desilusionarnos, senon para ter máis clara as posibilidades de emprego despois de rematar a nosa formación.
Os enlaces que aparecen a continuación indican o número de persoas con titulación de FP ou con grao universitario que demandaban emprego nos servizos públicos de emprego estatal no último semestre de 2011.
Estatísticas de titulados en Ciclos Formativos:
-Agricultura, Pesca e Extracción
-Comercio e reparación de vehículos.
-Servizos persoais, socioculturais e á comunidade.
Estatísticas de titulados en Graos Universitarios:
7 Mar
Información sobre ensinanzas deportivas
Hoxe na aula de 4º B saíron algunha dúbidas sobre as ensinanzas deportivas. Aquí preséntovos dous documentos para intentar resolver esas dúbidas.
No seguinte power point preséntanse as diferentes opcións para estudar ensinanzas deportivas. Ó final inclúense dous enlaces nos que podedes atopar máis información.
Power point sobre ensinanzas deportivas.
Tamén podedes consultar o seguínte tríptico do Consello Superior de Deportes con información xeral sobre as ensinanzas deportivas.
5 Mar
Revista ¿Como elexir?
O Ministerio de Educación edita esta revista que che axudará a elexir os teus estudios e a túa formación.
Interésache se eres alumno/a de 3º ou 4º da ESO.
Destaca un artigo sobre as profesións con máis futuro, facendo unha breve análise por sectores produtivos: industria,comercio, servizos, agricultura…
Tamén describe brevemente o mundo da emprea e do traballo, os negocios por conta propia, axudas ó acceso a traballos por conta allea, etc…