Podedes consultar o material para a orientación académica en Educación de Adultos ( información sobre bacharelato na modalidade de adultos e sobre os ciclos formativos de gramo medio, tanto en modalidade presencial como modular)
23 Mai
Podedes consultar o material para a orientación académica en Educación de Adultos ( información sobre bacharelato na modalidade de adultos e sobre os ciclos formativos de gramo medio, tanto en modalidade presencial como modular)
21 Mai
Publicada a Orde do 25 de abril de 2013 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais.
21 Mai
Seguramente algunha vez pensaches nalgunha profesión pero non sabías exactamente en que consistía ou en que poderías traballar….Outras, pode que che falaran de profesións que non sabías nin que existían…
Para ter una visión mais clara de moitas profesións, a páxina de información educativa educaweb presenta un dicionario de profesións onde poderás aclarar moitas destas cuestións.
15 Mai
Intrucións xerais sobre a proba.
Sedes onde se realizará a proba.
DATA: 23 de maio de 2013
Presentación:
– Ás 9:00 horas.
Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
– Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
– Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía).
15 Mai
No DOG de 14 de maio de 2013, publicouse a convocatoria para solicitar prazas de residencia nos centros residenciais de Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2013/2014.
¿QUE SON OS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES?
Os centros residenciais docentes (CRD) ofrecen manutención e
aloxamento a estudantes de bacharelato e de ciclos formativos de graos
medio e superior de formación profesional que cursan os seus estudos
fóra da súa localidade.
¿QUE SERVIZOS OFRECEN?
Atención personalizada ao alumnado por persoal docente.
Servizo de orientación.
Servizo de mediación.
Servizo médico.
PRAZO ORDINARIO: Ata o 14 de xuño do 2013.
PRAZO EXTRAORDINARIO : Primeira quincena de setembro.
SOLICITUDES: Entréganse nos propios Centros Residenciais Docentes.