Posts Tagged ‘ESO’

PROGRAMA ORIENTA 2012/13


Xa podedes consultar  o Programa Orienta do curso 2012/2013.

Toda a información está actualizada para este curso.  Recordámosvos que neste programa podedes atopar moita información relacionada coa orientación académica e profesional:

-cuestionarios que vos axuden a dicidir o voso futuro académico,

– itinerarios posibles,

-información sobre graos (notas de corte, ponderación, dobres graos, másteres…),

-bolsas e axudas,

-ciclos  formativos de grao medio e superior,

-PCPIs,

-ensinanzas artísticas, deportivas e musicais,

-centros onde se imparten os estudos…

Animádevos a entrar e descargar o Programa Orienta pinchando no enlace que vedes á dereita na pantalla, ou  consultar o OrientaOnline  directamente en internet sen descargar o programa ó teu computador (tamén pinchando no enlace que ves á dereita da pantalla).

Orientación académica para 3º ESO

Photobucket

No seguinte enlace podedes consultar o power point da charla en 3º ESO sobre orientación académica.

Orientación académica para 3º ESO: promoción e optatividade en 4º da ESO

Tamén engado os documentos sobre as diferentes materias que debedes cursas según cada itinerario de bacharelato e os estudios superiores (grao e fp) vinculados a cada bacharelato.

Recordade que debedes entregar o “simulacro” de matrícula coas materias optativas elexidas para 4º.

Charlas informativas sobre orientación académica e laboral e outras actividades para o verán

Recordámosvos que  hoxe, 23 de maio e mañá xoves 24 de maio terán lugar no IES Poeta Añón, ás 19 horas, unhas xornadas informativas sobre orientación académica e laboral. Van dirixidas ó alumnado de 3º e 4º da ESO, PCPI, EPA e familias. As xornadas forman parte dunha serie de actividades levadas a cabo polo Concello de Outes para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar

Podedes consultar a información na páxina web do instituto ou ver os programas nos seguinte enlace:

Xornadas informativas.

Tamén podedes consultar o resto de actividades organizadas polo Concello de Outes para este verán. O prazo de inscripción está aberto ata o 30 de maio.

Actividades Concello de Outes. Verán 2012.

Testeando: aprende xogando

Photobucket

TESTEANDO é unha ferramenta educativa, lúdica e gratuita pensada para profesores e estudantes. Consiste nun xogo de preguntas e respostas tipo test ou trivial, agrupadas por cursos e materias que responden ó currículo das etapas de Primaria e Secundaria. Actualmente a web inclúe 1.081 test de 61 materias con 22.274 preguntas, e engádense en torno a 1.000 novas preguntas cada mes.

                                                                                           ¡Anímate a xogar!