Posts Tagged ‘Bacharelato’

Parámetros de ponderación 2013

Hoxe, 15 de abril, publicouse na páxina web  da Consellería de Educación os parámetros de ponderación das materias da fase específica das probas de acceso a grao para o curso 2013.

Consultade o ANEXO da Orde 5 de abril de 2013. Podedes ver as ponderacións pinchando no seguinte enlace:

Parámetros de ponderación_2013

balanza con 0.1 e 0.2

Modalidades preferentes e materias vinculadas para o acceso a ciclos formativos de grao superior

No seguinte enlace podedes consultar as modalidades preferentes e materias de bacharelato para acceder ós diferentes ciclos formativos de grao superior. A información está no ANEXO II, ó final do documento.

Enlace

Charlas informativas sobre orientación académica e laboral e outras actividades para o verán

Recordámosvos que  hoxe, 23 de maio e mañá xoves 24 de maio terán lugar no IES Poeta Añón, ás 19 horas, unhas xornadas informativas sobre orientación académica e laboral. Van dirixidas ó alumnado de 3º e 4º da ESO, PCPI, EPA e familias. As xornadas forman parte dunha serie de actividades levadas a cabo polo Concello de Outes para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar

Podedes consultar a información na páxina web do instituto ou ver os programas nos seguinte enlace:

Xornadas informativas.

Tamén podedes consultar o resto de actividades organizadas polo Concello de Outes para este verán. O prazo de inscripción está aberto ata o 30 de maio.

Actividades Concello de Outes. Verán 2012.

Convocatoria para prazas de residencias (bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior)

Photobucket

Con data de 10 de maio   publicouse no DOG a convocatoria de prazas de residencia  para estudios de bacharelato , ciclos formativos de grao medio e grao superior para aqueles alumnos/as que na súa comarca non poidan realizar ditos estudios por non existiren centros que os impartan.

A praza cubre pensión completa en calquera dos tres Centros Residenciais (A Coruña, Ourense ou Vigo) para o curso 2012/2013.

Podedes ampliar a información chamando ó 981 667 836 ou  no pinchando aquí.

Parámetros de ponderación 2012

Acaba de saír publicado na páxina da Consellería de Educación os parámetros de ponderación das materias da fase específica das probas de acceso a grao para o curso 2012.

Podedes consultar o documento pinchando no seguinte enlace:

Parámetros de ponderación_2012

Testeando: aprende xogando

Photobucket

TESTEANDO é unha ferramenta educativa, lúdica e gratuita pensada para profesores e estudantes. Consiste nun xogo de preguntas e respostas tipo test ou trivial, agrupadas por cursos e materias que responden ó currículo das etapas de Primaria e Secundaria. Actualmente a web inclúe 1.081 test de 61 materias con 22.274 preguntas, e engádense en torno a 1.000 novas preguntas cada mes.

                                                                                           ¡Anímate a xogar!

Reunión con familias: opcións ó rematar a ESO

 Photobucket

Onte tivemos unha reunión cos pais e nais do alumnado de 4º da ESO. Estivemos vendo que posibilidades tiña o alumnado ó rematar a ESO, así como da importancia de conseguir o Título de Graduado en ESO. Aqueles pais e nais que queirades consultar de novo a información podedes facelo pinchando  nos enlaces que aparecen a continuación:

Posibilidades ó rematar 4º ESO

Información xeral sobre o Bacharelato

Información xeral sobre ciclos formativos de Grao Medio.

Páxina con información sobre familias formativas de grao medio.

Prazos para solicitude de prazas en Bacharelato.

Recordade que se tendes algunha dúbida podedes poñervos en contacto co departamento de orientación do centro.

E o rematar a ESO…¿que?

No seguinte enlace podedes consultar o power point coa información de Bacharelato que comentamos na clase.

Power point Bacharelato

Tamén vos deixo o power point sobre os ciclos formativos de grao medio.

Power point CF de Grao Medio

Recordade que tendes máis información nos seguintes enlaces:

Información sobre as 26 familias profesionais: www.todofp.es

Información sobre as ponderacións nas materias de modalidades do Bacharelato: www.ciug.cesga.es