Archive for the ‘Información para familias’ Category

Orientacións para o alumnado de 6º E.Primaria: consellos para triunfar na ESO.

Deixamos unha serie de consellos para o alumnado de 6º que en un par de meses xa serán alumnos de 1º ESO. Son algunha pautas para afrontar a nova Etapa con éxito: as clases, os hábitos de estudo, os exames…

Consellos para triunfar na ESO

Acreditación de competencias profesionais. Convocatoria 2013

Publicada a Orde do 25 de abril de 2013 pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.

  • prazo de presentación de solicitudes será desde o 21 de maio de 2013 ao 12 de xuño de 2013.

 logo acreditacion competencias

Dicionario de profesións

Seguramente algunha vez pensaches nalgunha profesión pero non sabías exactamente en que consistía ou en que poderías traballar….Outras, pode que che falaran de profesións que non sabías nin que existían…

Para ter una visión mais clara de moitas profesións, a páxina de información educativa educaweb presenta un dicionario de profesións onde poderás aclarar moitas destas cuestións.

vista de una clase

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2013/14.

No DOG de 14 de maio de 2013, publicouse a convocatoria para solicitar prazas de residencia nos centros residenciais de Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2013/2014.

¿QUE SON OS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES?

Os centros residenciais docentes (CRD) ofrecen manutención e
aloxamento a estudantes de bacharelato e de ciclos formativos de graos
medio e superior de formación profesional que cursan os seus estudos
fóra da súa localidade.

¿QUE SERVIZOS OFRECEN?

 Atención personalizada ao alumnado por persoal docente.
 Servizo de orientación.
 Servizo de mediación.
 Servizo médico.

PRAZO ORDINARIO: Ata o 14 de xuño do 2013.

PRAZO EXTRAORDINARIO : Primeira quincena de setembro.

SOLICITUDES: Entréganse nos propios Centros Residenciais Docentes.

Charla informativa para familias do alumnado de 4º da ESO

O xoves, 11 de abril as 19 horas terá lugar no salón de actos do instituto unha charla informativa dirixida ás familias do alumnado de 4º da ESO. Nela darase información sobre a solicitude de admisición para o bacharelato (itinerarios de bacharelato, modalidades, prazos de inscripción e matrículación …) O prazo para a admisición de bacharelato estará aberto do 5 ao 17 de abril de 2013.

Para completar a orientación académica do alumnado, o xoves 11 de abril durante a mañán, profesorado do IES Campo de San Alberto (Noia) visitará ao alumnado de 4º da ESO para explicarlle a oferta formativa do seu centro ( bacharelato e ciclos formativos de grao medio).

 

Documento de información para as familias

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014

 photo calendarioadmision_zps76bdde68.jpg

O 15 de marzo publicouse a Orde que regula a admisión de alumnado de E. Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2013/2014.

O PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN BACHARELATO É DO 5 AO 17 DE ABRIL.

LOGO DÉBESE FORMALIZAR A MATRÍCULA DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO (OU DO 1 AO 10 DE SETEMBRO, PARA O ALUMNADO QUE TEÑA PENDENTES PARA SETEMBRO)

Podedes consultar toda a información nos seguintes enlaces:

“Entre maestros”: un documental/experimento sobre o que ocorre cando intentas innovar na aula

Non paramos de falar sobre os problemas da educación pero ¿que ocorre cando se fai algo diferente nunha clase? ¿Están os alumnos preparados? ¿E os  profesores?

Interesante documental sobre estas e otras cuestións, protagonizado por Carlos González e 11 alumnos de Barcelona.

Ver enlace

Entrevista a Carlos González

Trailer do documental

 

¿Cómo enseñar ortografía? Reducir las faltas hasta un 80%

Conferencia de 30 minutos a cargo de Daniel Gabarró (maestro, psicopedagogo, licenciado en humanidades, diplomado en dirección y organización de empresas, experto en PNL y exprofesor de la Universidad Ramon Llull y de la Universidad de Lleida)  En ella explica cómo enseñar ortografía y reducir hasta el 80% las faltas ortográficas de nuestro alumnado en, aproximadamente, un trimestre.

Expone aspectos teóricos pero también orientaciones prácticas, concretas y útiles para el trabajo cotidiano en el aula. Basado en la programación neurolingüística o PNL, una rama aplicada de la psicología.

Aprender esta metodología tiene una segunda consecuencia de gran importancia: tras su aplicación cualquier trabajo ortográfico posterior será mucho mejor aprendido.

El material que presenta Daniel Gabarró está disponible en el departamento de orientación del instituto.

También se puede ampliar con material en PDF de descarga gratuita desde la página web de Boira Editorial: http://www.boiraeditorial.com, apartado “profesorado”.

Ortografía con PNL

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Xúntase a Resolución do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 18 e o 28 de febreiro de 2013

As probas terán lugar o día 26 de abril de 2013 nos seguintes centros:

a) Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña.

b) IES San Clemente, Santiago de Compostela.

c) Centro EPA Albeiros, Lugo.

d) Centro EPA de Ourense, Ourense.

e) Centro EPA Río Lérez, Pontevedra.

f) Centro EPA Berbés, Vigo.

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro

A Consellería de Educación acaba de convocar as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos.

Datas da matrícula:

– Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

Datas dos exames:

-Convocatoria de maio: 31 de maio.

-Convocatoria de setembro:  12 de setembro.

Requisitos para poder presentarse á proba: 

1. Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estar en posesión do título de graduado en ESO  ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos.

3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de ESO establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde de 2º de decembro de 2007

4. Non estaren matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordibaria, na educación secundaria para adultos ou no 2º curso de PCPI.

Acceso á convocatoria

Informacion xeral, formulario de inscripción nas probas e probas de anos anteriores