Posts Tagged ‘EPA’

Orientación académica en EPA

Podedes consultar o material para a orientación académica en Educación de Adultos ( información sobre bacharelato na modalidade de adultos e sobre os ciclos formativos de gramo medio, tanto en modalidade presencial como modular)

Presentación power-point

Anexo sobre bacharelato

 

Convocadas as probas libres para a obtención do título de técnico e técnico superior.

Se tés:

-18 anos (para título de técnico) ou 20 anos (para título de técnico superior).

-Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Podes presentarte ás probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional

O prazo para a solicitude de admisión é do 19 ao 30 de abril á 13.00 horas. As solicitudes preséntanse en calquera secretaría de calquera centro público de formación profesional, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Máis información :

Orde que regula a convocatoria.

Impreso de solicitude.

Información e documentación.

 grupo de tres jóvenes

Itinerarios educativos

ITEPASAS é unha ferramenta do portal Educastur para a orientación académica e profesional que ten como finalidade facilitar ó alumnado a toma de decisións relacionada coa súa formación ofrecéndolle a posibilidade de percorrer tódalas opcións formativas que ofrece o sistema educativo unha vez rematados os estudos de ESO, Bacharelato e formación profesional. Tamén permite ó alumnado, a través dun cuestionario de autoavaliación, achegarse ós sectores productivos e grupos ocupacionais máis axustados ós seus intereses, competencias e capacidades.

Obradoiro de Emprego Xuvenil 2012

PCPI E EPA:  A Dirección de Xuventude e Voluntariado realizará un Obradoiro de Busca de Emprego para mozos e mozas desempregados de ata 35 anos.

O Obradoiro celebrarase os días 16 e 23 de febreiro e 1 de marzo, de 16 a 19 horas.

O prazo de inscripción está aberto ata o 13 de febreiro.

Información e inscripción