Posts Tagged ‘formación profesional’

Aberto o prazo de admisión para ciclos formativos de grao medio para o curso 2013-2014

Para realizar estudos de formación profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso para cada tipo de ensinanzas, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Do 17 de xuño ao 2 de xullo podedes presentar a solicitude de admisión a Ciclos Formativos de grao medio.

– Calendario de admisión

 

Información, oferta e impresos do proceso de admisión 

Réxime Ordinario

Grao medio
– Documentación grao medio
Grao superior
– Documentación grao superior
Oferta de FP (graos medio e superior)
– Oferta, clasificada por familia profesional (actualizado 14.06.2013)


Réxime Adultos presencial

Graos medio y superior
– Documentación
– Oferta, clasificada por familia profesional (actualizado 14.06.2013)


Réxime Adultos distancia

Graos medio y superior
– Documentación
– Oferta, clasificada por familia profesional (actualizado 14.06.2013)

 

Se precisas máis información pasa polo Departamento de Orientación!

 

Oferta formativa de FP para o curso 2013-2014 en centros públicos

Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo- ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.

A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.

Nas seguintes ligazóns podes atopar a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario na modalidade presencial, e a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia para o curso 2013-2014, clasificadas por provincia e concello, así como por familia profesional e ciclo:

Réxime ordinario na modalidade presencial:

 

Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):

Réxime da persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):

Orientación académica en EPA

Podedes consultar o material para a orientación académica en Educación de Adultos ( información sobre bacharelato na modalidade de adultos e sobre os ciclos formativos de gramo medio, tanto en modalidade presencial como modular)

Presentación power-point

Anexo sobre bacharelato

 

Vídeos sobre familias profesionais de Ciclos Formativos

Dende o  Consello de Asturias da Formación Profesional publícase unha colección de vídeos sobre as diferentes familias profesionais de FP.

Cada vídeo recolle información sobre os ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior de algunhas  familias profesionais de FP, cunha duración apróximada de 7 minutos.

También poderás ver tódolos vídeos  nesta páxina.

 imagen de una cámara de vídeo

Modalidades preferentes e materias vinculadas para o acceso a ciclos formativos de grao superior

No seguinte enlace podedes consultar as modalidades preferentes e materias de bacharelato para acceder ós diferentes ciclos formativos de grao superior. A información está no ANEXO II, ó final do documento.

Enlace

Convocatoria para prazas de residencias (bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior)

Photobucket

Con data de 10 de maio   publicouse no DOG a convocatoria de prazas de residencia  para estudios de bacharelato , ciclos formativos de grao medio e grao superior para aqueles alumnos/as que na súa comarca non poidan realizar ditos estudios por non existiren centros que os impartan.

A praza cubre pensión completa en calquera dos tres Centros Residenciais (A Coruña, Ourense ou Vigo) para o curso 2012/2013.

Podedes ampliar a información chamando ó 981 667 836 ou  no pinchando aquí.

Un espíritu, una meta

Photobucket
“Un espíritu, una meta” é un programa de TVE que se emite dende xaneiro de 2012 os domingos ás 9.30  en La 2,  e que trata de achegar o mundo da Formación Profesional ós xovenes describindo historias reais de alumnos/as que cursan estos estudos. O programa pretende incidir na importancia da determinación e a constancia á hora de loitar e esforzarse para lograr convertir os soños en realidade.

Cada un dos vídeos ten unha duración aproximada de 30 minutos e  dedícanse a un ciclo formativo de grao medio ou de grao superior. Podes ver os seguintes vídeos na páxina de TVE a la Carta ou pinchando nos enlaces:

Información de: Claudio Castilla

Probas de acceso a formación profesional

Convocadas as probas de acceso á  ciclos formativos de grao medio e grao superior para o ano 2012

Enlace á convocatoria