Archive for the ‘Varios’ Category

MUDÁMONOS!

A partir do curso 2013/2014 mudamos de plataforma!

Podedes acceder ao novo blogue na seguinte dirección:

http://www.orientacioniespoeta.blogspot.com.es/

Charla ao alumnado e familias de 3º ESO sobre a optatividade en 4ºESO

Nos enlaces que presentamos a continuación  podedes consultar a información para a elección de materias optativas de 4º da ESO. É a información  que esta semana estivemos traballando  na sesión de titoría de 3ºESO  e que logo explicamos ás familias na charla de onte. A presentación trata de orientarvos na elección de optativas a cursar en 4ºESO

Presentación

Recordade que para tomar unha boa decisión podemos seguir unha serie de pasos:

1º) Pensar que tipo de estudos superiores me gustaría facer:

-Estudos relacionados coa rama de coñecemento de Ciencias e Tecnoloxía (itinerario de Ciencias)

-Estudos relacionados coa rama de coñecemento de Ciencias e Tecnoloxía. (itinerario de Tecnoloxía)

-Estudos relacionados coa rama de Humanidades e Ciencias Sociais. (itinerario de Humanidades)

-Estudos relacionados coa rama de Humanidades e Ciencias Sociais. (itinerario de Ciencias Sociais)

Estudos relacionadas coa rama de Artes.

2º) Según os estudos que queira facer, nas probas de acceso a grao (Selectividade) algunhas materias van a multiplicar a nota que obteñas nese exame por 0.1 e outras por 0.2 ( é o que se chaman as “Ponderacións”….Para ter máis nota tés que buscar aquelas materias que multipliquen por 0.2!!

Ponderacións das materias nas probas de acceso a Grao (PAU) de 2013.

3º) Cando xa teño claro que materias “pesan” máis en cada carreira ou ciclo superior ….pois son as que teño que elexir no Bacharelato!

-Materias de modalidade do bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía

-Materias de modalidade do bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais.

-Materias de modalidade do bacharelato de Artes.

4º) Se sei que bacharelato vou a cursar cando remate a ESO….xa podo seleccionar que optativas teño que cursar en 4ºESO.

E recorda….

-Se non sabes o que queres estudar, empeza por descartar o que non che gusta.

-Se tes pensado continuar cara un ciclo formativo de grao medio, non te condiciona tanto a elección de optativas de 4º (con excepcións!: pregunta no departamento de orientación)

– Vai de arriba a abaixo e non ao revés: pensa primeiro nos estudos que queres  (grao, ciclo formativo de grao superior…) e vai “baixando” para saber que tipo de bacharelato necesitas facer.

Vídeo sobre motivación

Interesante vídeo sobre a motivación e a capacidade das persoas para seguir intentando acadar as súas metas, a pesar dos fracasos…

“Entre maestros”: un documental/experimento sobre o que ocorre cando intentas innovar na aula

Non paramos de falar sobre os problemas da educación pero ¿que ocorre cando se fai algo diferente nunha clase? ¿Están os alumnos preparados? ¿E os  profesores?

Interesante documental sobre estas e otras cuestións, protagonizado por Carlos González e 11 alumnos de Barcelona.

Ver enlace

Entrevista a Carlos González

Trailer do documental

 

HORARIO DE ATENCIÓN A FAMILIAS CURSO 2012/2013

O horario de atención a pais do departamento de orientación para o curso 2012/2013 é o seguinte.

Recomendámosvos ás familias que pidades cita previa no teléfono do instituto: 981850637

null

Boletín Escola de Pais. Maio 2012

Xa podedes consultar no blog o boletín de “Escola de Pais” do mes de maio. Nel podedes encontrar información sobre as diferentes alternativas do alumnado ó rematar 4º da ESO. Podedes consultalo pinchando na columna da dereita (Boletin Escola de Pais), no mes de maio.

 Photobucket

Testeando: aprende xogando

Photobucket

TESTEANDO é unha ferramenta educativa, lúdica e gratuita pensada para profesores e estudantes. Consiste nun xogo de preguntas e respostas tipo test ou trivial, agrupadas por cursos e materias que responden ó currículo das etapas de Primaria e Secundaria. Actualmente a web inclúe 1.081 test de 61 materias con 22.274 preguntas, e engádense en torno a 1.000 novas preguntas cada mes.

                                                                                           ¡Anímate a xogar!

Vídeo BE HAPPY: aprender a ser felíz

Un interesante vídeo que nos recorda que a felicidade está nos actos sinxelos e cotiáns

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Photobucket

ILUSIÓNS ÓPTICAS

A veces non todo é o que parece…

Na web  www.psicoactiva.com   podedes atopar ilusións ópticas interesantes