Archive for Maio 2012

Charlas informativas sobre orientación académica e laboral e outras actividades para o verán

Recordámosvos que  hoxe, 23 de maio e mañá xoves 24 de maio terán lugar no IES Poeta Añón, ás 19 horas, unhas xornadas informativas sobre orientación académica e laboral. Van dirixidas ó alumnado de 3º e 4º da ESO, PCPI, EPA e familias. As xornadas forman parte dunha serie de actividades levadas a cabo polo Concello de Outes para a prevención do fracaso e redución do abandono escolar

Podedes consultar a información na páxina web do instituto ou ver os programas nos seguinte enlace:

Xornadas informativas.

Tamén podedes consultar o resto de actividades organizadas polo Concello de Outes para este verán. O prazo de inscripción está aberto ata o 30 de maio.

Actividades Concello de Outes. Verán 2012.

Convocatoria para prazas de residencias (bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior)

Photobucket

Con data de 10 de maio   publicouse no DOG a convocatoria de prazas de residencia  para estudios de bacharelato , ciclos formativos de grao medio e grao superior para aqueles alumnos/as que na súa comarca non poidan realizar ditos estudios por non existiren centros que os impartan.

A praza cubre pensión completa en calquera dos tres Centros Residenciais (A Coruña, Ourense ou Vigo) para o curso 2012/2013.

Podedes ampliar a información chamando ó 981 667 836 ou  no pinchando aquí.

Parámetros de ponderación 2012

Acaba de saír publicado na páxina da Consellería de Educación os parámetros de ponderación das materias da fase específica das probas de acceso a grao para o curso 2012.

Podedes consultar o documento pinchando no seguinte enlace:

Parámetros de ponderación_2012

Boletín Escola de Pais. Maio 2012

Xa podedes consultar no blog o boletín de “Escola de Pais” do mes de maio. Nel podedes encontrar información sobre as diferentes alternativas do alumnado ó rematar 4º da ESO. Podedes consultalo pinchando na columna da dereita (Boletin Escola de Pais), no mes de maio.

 Photobucket