Archive for the ‘Acción titorial’ Category

A semana pasada os grupos de 3º da ESO  estivemos traballando en Titoría  os conflitos interpersoais e os estilos de comunicación.  

No seguinte power-point podedes consultar toda a información.


Photobucket

Testeando: aprende xogando

Photobucket

TESTEANDO é unha ferramenta educativa, lúdica e gratuita pensada para profesores e estudantes. Consiste nun xogo de preguntas e respostas tipo test ou trivial, agrupadas por cursos e materias que responden ó currículo das etapas de Primaria e Secundaria. Actualmente a web inclúe 1.081 test de 61 materias con 22.274 preguntas, e engádense en torno a 1.000 novas preguntas cada mes.

                                                                                           ¡Anímate a xogar!

Vídeo BE HAPPY: aprender a ser felíz

Un interesante vídeo que nos recorda que a felicidade está nos actos sinxelos e cotiáns

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Photobucket

Gymkhana virtual Salta Planetas


A Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) en colaboración co Ministerio de Sanidade, convoca a IV edición da Gymkhana virtual “Salta Planetas”.  Nela podedes participar mozos e mozas de 1º e 2º da ESO. Tras realizar a inscripción debedes de superar unha serie de probas lúdicas e educativas ideadas para a prevención dos problemas relacionados co consumo de alcohol entre adolescentes

¡Anímate a participar!

Charla da Garda Civil sobre drogas e alcohol

Hoxe estivo a Garda Civil no IES para falarlle ós alumnos de 3º da ESO sobre  os riscos das drogas e o  alcohol. Se queredes consultar información sobre este tema  (riscos das drogas, campañas de prevención, estatísticas en España e Galicia…) podedes consultar a páxina do Plan Nacional sobre Drogas.

Web do PNSD

30 de xaneiro, día da Paz

Hoxe 30 de xaneiro celebramos o día da paz. Deixámosvos un  pequeno relato para pensar sobre o significado da paz. O relato está extraído da páxina web do profesor  Guillermo Ballenato.

“LA PAZ PERFECTA”

Web de técnicas de traballo intelectual para ESO

Presentamos unha web interesante para traballar na ESO as técnicas de traballo intelectual: valorar como estudamos, como podemos mellorar as nosas técnicas de estudo, como rendir máis nos exames….En xeral, trátase de pequenos “trucos” para que o noso rendemento sexa máis eficaz. A web foi elaborada por Raúl Martínez, profesor do Colexio “Villa de Móstoles”.

Web de técnicas de traballo intelectual para ESO