Posts Tagged ‘Prevención consumo drogas’

Gymkhana virtual Salta Planetas


A Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) en colaboración co Ministerio de Sanidade, convoca a IV edición da Gymkhana virtual “Salta Planetas”.  Nela podedes participar mozos e mozas de 1º e 2º da ESO. Tras realizar a inscripción debedes de superar unha serie de probas lúdicas e educativas ideadas para a prevención dos problemas relacionados co consumo de alcohol entre adolescentes

¡Anímate a participar!

Charla da Garda Civil sobre drogas e alcohol

Hoxe estivo a Garda Civil no IES para falarlle ós alumnos de 3º da ESO sobre  os riscos das drogas e o  alcohol. Se queredes consultar información sobre este tema  (riscos das drogas, campañas de prevención, estatísticas en España e Galicia…) podedes consultar a páxina do Plan Nacional sobre Drogas.

Web do PNSD